LugoPatrimonio :: Asociación Cultural
Martes, 19 Mai 2009 23:05

Antón Fortes Torres

 

Antón FortesAntón Fortes Torres (Sarria, 1957). Estudou filoloxía galega, portuguesa, hispánica e románica na Universidade de Santiago de Compostela; completando estudos nas Universidades de Montpellier, Coimbra e Lisboa. Actualmente exerce como catedrático de Lingua Galega e Literatura no IES Sanxillao de Lugo.

Ten publicados varios libros de poesía nos que arrandea entre a temática homoerótica e a social: Figuras masculinas de meio-corpo (Espiral Maior, Premio Legais 2001), Sexto Fetiche (Edición de autor, 2001)e Gris Cinza (eDixital, 2009).

Despois de reinterpretar en Caderno de animalista (OQO Editora, 2008), con humor e ironía, obras xeniais da pintura dos dous últimos séculos, cambia de rexistro con Fume (OQO Editora, 2008), onde aborda a vida dos cativos nos campos de exterminio nazi.

Fixo tamén as traducións dos traballos de Ricardo Lísias, Cobertor de estrelas; e de Svjetlan JunakovicGran libro dos retratos de animais, entre outros.

 

Como defensoras e defensores do Patrimonio galego material e inmaterial, manifestamos o noso dereito irrenunciábel a usar con normalidade na nosa vida diaria o máis grande patrimonio construído por galegos e galegas a través da historia: o idioma.

Porque un pobo que crea esta riqueza non pode quedar calado e pasivo ante a involución á que o propio goberno do país o quere someter. Un goberno que persegue e elimina as tímidas leis que  intentan protexer o galego, por moita aclamación que teña,  é un goberno oposto aos dereitos colectivos que asinaron os organismos internacionais e que elimina o que institucións anteriores crearon en positivo.

Porque un idioma diminuído e debilitado non se pode prohibir no ensino nen se pode excluir da lexislación que o protexe se verdadeiramente estamos pola cooficialidade real de galego e castelán.

Porque só se pode impoñer o forte sobre o débil, e nunca ao revés.

Por iso apoiamos e estaremos presentes na manifestación que o próximo día 17 de maio e convocada pola MESA, se desenvolverá en Santiago de Compostela.

Lugo, a 14 de maio do 2009

O Presidente 

Lois Diéguez

Video do Entroido Ribeirao gravado en febreiro de 2008 cos membros da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao e presentado no Congreso sobre Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos (xornadas de primavera).

Dispoñible en DVD.

 

Luns, 27 Abril 2009 00:00

Itinerarios por Portugal


Podes descargar neste enlace o itinerario da viaxe que faremos polas terras de Tras Os Montes.


O luns, 27 de abril, ás 20 h, reunímonos no salón de actos do Complexo Xuvenil Lug, de Lugo, (R/ pintor Corredoira, Nº 4) os viaxeiros e viaxeiras que imos aos vales do Douro e do Coa (Portugal) os días 1, 2 e 3 de maio, para falar dos últimos detalles desta interesante viaxe. No decurso da asemblea distribuiremos unha fermosa edición dos Itinerarios, libriño que describe día a día todo o que veremos nas terras de Tras Os Montes.

LugoPatrimonio, xunto coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, e a Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, manifesta a súa repulsa fronte ao atentado que se está a dar na calzada histórica do Camiño Primitivo de Santiago na parroquia de San Xoán do Alto (concello de Lugo), vía xacobea que goza de recoñecemento e protección oficiais como itinerario de alto valor patrimonial, turístico e ambiental.

 

Estase a producir unha agresión de gran impacto contra a traza antiga desta rota no lugar de O Fornelo, onde se apreza a destrución dunha parte da trama camiñeira, incluíndo a caixa do camiño, os muros laterais e a práctica totalidade da vexetación autóctona que delimita este vieiro público de carácter histórico e
cultural.

Preme aquí­ para ver a nota de prensa completa.

Martes, 31 Marzo 2009 23:00

Viaxe a Portugal

O presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez, e mais a representante da axencia que se encarga dos contactos para a viaxe a Portugal, Nadia Abelleira, presentaron mediante proxeccións fotográficas o itinerario que se seguirá os días 1, 2 e 3 de maio, e mais monumentos e paisaxes que se van visitar polas ribeiras dos ríos Douro e Coa. As 50 prazas ofrecidas ficaron cubertas no primeiro día.

(Máis información na axenda)

Lugares visitados o sábado, 28 de marzo do 2009, seguindo o Programa: Centro de Interpretación do Viño; Ofrenda Floral ao poeta Manuel María ante o seu  monumento, con lectura dos poemas (O Viño, Cancionciña aos viños do Val de Lemos, Fábula da taberna con moralexa ao remate); Igrexa, capela, souto e cruceiro de Lobios; cata, visita e xantar á Adega Algueira, paseo até á Pena do Castelo; viaxe polos Miradoiros de Os Chelos e Cadeiras; Cerámica de Gundivós.

 

20090328_Ciclo do Viño-Monforte e Doade

Busca nesta web

Próximos actos

  • Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Médica na Facultade de Fisioterapia da Universidades da Coruña, sobre “O papel dos balnearios na vida romana”. +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Rosa Meijide Failde, catedrática de Hidroloxia Ler Máis
  • Asemblea xeral e festa dos socios. Na convocatoria diráse o lugar do xantar. +

    Día 12, venres ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Asemblea xeral e festa dos socios. Na convocatoria Ler Máis
  • Día 13, sábado ás 14,30 horas Se é posible xantar no Balneario. Confirmarase. Pola tarde visita aos Baños romanos. Actuación do grupo de música clásica Esemble Bóreas. +

    Día 13, sábado ás 14,30 horas Se é posible xantar no Balneario. Confirmarase. Pola tarde visita aos Baños romanos. Actuación Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO